O Celta perdeu ante o Girona pola mínima nun encontro celebrado onte no municipal de Balaídos. O encontro comenzo ben para os intereses célticos, aínda que o que levaba máis perigo cara porteria era o recén ascendido. Pola contra, este Celta de Pepe Murcia parece que si sabe o que xoga (tivemos que esperar 5 anos para ter un novo estilo de xogo), aínda que non conseguiron a victoria poidose ver numerosas melloras, xogadores comprometidos, o ruse-ruse dos siareiros…
Teño que destacar varios xogadores neste primeiro encontro, o mellor sen dúbida foi o canteirán Dani Abalo, xogando de interior dereito desbordou sempre e propiciou unha das mellores xogadas do encontro que case remata en gol. Óscar Díaz, novo fichaxe do Celta, destacou nas súas xogadas pegadas a linea de cal, mágoa que o gol do Girona viñera precedido dun fallo o despexar o balón. Por último, destacar a Trashorras, onte non firmou o seu mellor encontro, pero aínda así podemos ollar a súa calidade co balón nos pés.
Polo tanto, e como siareiro do Celta de Vigo estou contento, claro está non pola derrota, senón porque de seguir por este camiño creo que gañaremos moitos encontros, a xente disfrutará indo a Balaídos, e o final da tempada poderemos disfrutar todos xuntos dun novo éxito do noso equipo. SEMPRE CELTA
Celta de Vigo 0-1 Girona
31 08 2008Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : Celta
Star Wars: the clone wars»
30 08 2008O pasado 29 de agosto estrenouse no cine unha das peliculas máis esperadas deste ano: Star Wars: the clone wars», despois das seis exitosas peliculas relaccionadas co mundo star wars, agora sae a gran pantalla unha pelicula de animación que espera acoller tanto exitos coma a súas precesoras.
As guerras clon varren toda a galaxia, mentres os heroicos cabaleiros «jedi» loitan por manter a orde e restablecer a paz. Anakin Skywalker e o seu aprendiz de «padawan», Ahsoka Tano, enfrontaranse ao señor do crime, Jabba o Hutt. O conde Dooku e os seus sinistros axentes, incluída a misteriosa Asajj Ventress, procurarán que Anakin e Ahsoka fracasen na súa cruzada. Mentres, en primeira liña de batalla, Obi-Wan Kenobi e o mestre Yoda lideran as forzas clon nun valente esforzo por resistir o ataque das forzas ao lado escuro…

Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : Eventos
Comeza a Liga
30 08 2008O Celta de Vigo disputará hoxe as 18:30h no municipal de Balaídos o seu primeiro encontro oficial desta tempada contra o recén ascendido Girona. É un encontro moi importante para comprobar o bo momento que parece atrevesar o noso equipo. Aínda que é moi cedo para falar doutras cousas que non sexa gañar este encontro, todos desexamos comenzar ben para ter uns obxetivos máis ambiciosos de cara o final da liga.
Nesta ocasión, e co carné de socio renovado, asistirei en directo a este formidable partido. Dende aquí, tamén quero sumarme a campaña de captación de socios. Xa que por enrriba de tódolos nomes do momento, o Celta sempre será o Celta e eso non o pode troncar ninguén.
Coma sempre o de sempre …HALA CELTA

Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : Celta
Benvidos ó blog de galegontour
30 08 2008Este blog vai destinado a tódol@s galeg@s que boten de menos a súa terra, e que grazas a este novo espazo, podan coñecer ou actualizarse das novas que acontecen no noso pais. Xa que, neste ano estarei no exilio (Bratislava) e con esta páxina espero contar todalas vivencias erasmus e darlle un novo punto de vista a tódalas novas de caráter xeral. É un blog de carácter variado, falaremos do deportes, política, sucesos, viaxes, sociedade….pero sempre desde una perpectiva dun galego no exilio. Un saúdo a todos
Comentarios : 2 Comentarios »
Categorías : Persoal
