Festa no Casey’s Pub

27 09 2008

Debido a petición popular de Sir Rodrigo aquí tedes as primeiras fotos do Casey’s Pub on live!
Estas fotos son da última vez que fomos o pasado xoves, espero que os gusten…
http://picasaweb.google.es/iMorenoramos/CaseySPub





Venres Noite: Decepción

27 09 2008

Cunha palabra pódese resumir como foi o meu venres noite: DECEPCIÓN.
A noite comenzou ben, en primero lugar Manuel (o filólogo inglés da resi) coñeceu os seus novos compañeiros de clase (nados en Bratislava), e inviraronnós a un local chamado Zemana, no que tomariamos algo alí e despois acudiriamos o mellor local de toda a cidade Subclub (xa farei unha mención especial a este clube xa que merece a pena).
Aínda que parecía un plan increibél e factible, coma sempre, xurdiron os problemas. O noso principal problema é que o vivir nunha residencia, na que miña planta é de erasmus, na que vivimos nela apróx. 50 persoas, convivimos todos xuntos…e a maioría dos planes os facemos xuntos. ¿Como movilizas a 50 persoas? ¿Como fas que 50 persoas poñanse dacordo? Non é posibél.
O resumo da noite é que como non era posibél poñerse todos de acordo… o final non entramos en ningún local. Unha pena.
Pero a festa continuou no corridor(corredoiro), ahí é onde facemos a nosa verdadera festa, é onde rematamos tódalas noites e é onde mellor ó pasamos.
Desta lección temos que aprender, non podemos movernos todos xuntos, é imposibél.