Semana tranquila

28 10 2008

Despois do viaxe a Cracovia tocou unha semana tranquila. Tan só saín o martes, xoves e sábado, polo que podo dicir que foi unha semana de relax e recuperando ás forzas pérdidas. Tamén quero descatar que aínda só saín tres días, foron moi bos, polo que compensan.

Desta volta, e xa pasada unha semana, tengo algunas novas que contar: este xoves vou a TIMISOARA, despois das increibéls comentarios de Sir Alex quero ver a faciana de Don Rodrigo en directo, saúdalo e bicalo. Pois eso, marcho este xoves e volvo o domingo, aproveitando co venres e o luns non teño clase. A segunda nova, e a que faíme moitísima ilusión (non teño moitas palabras para explicalo) e que a miña noiva Rebeca, mercou os billetes de avión para vir a Bratislava no mes de novembro, esta increible nova fixome non durmir en toda a noite do emocionada que estaba. Grazas, significa moito para min.

Polo que no mes de novembro virán Mr Flow, Rebeca, Dani e Miguel (curmán e tio), todos practicamente nas mesmas datas, polo que supón unha magnifica nova.

Dicir tamén que as clases comenzan a ser un pouco coñazo con tanto traballo que facer (e iso que so fixen un), e ás clases de eslovaco son cada día máis dificil.

Hoxe como todo o mundo sabe é martes, polo que como todos sabedes hoxe saése…asi que xa estou tardando….voume o CORRIDOR PARTY…os quero





3er Dia en Polonia

23 10 2008

O domingo fixemos un gran esforzo debido a que nós levantamos moi cedo para poder ir ás Minas de sal. Polo que unha vez todos despertamos collimos un tren e fomos o pobo onde se atopan as denominadas minas. O viaxe foi curto apenas 30 minutos. Unha vez alí, tivemos que coller unha entrada, mercamos a máis barata polo que o guia falaría en polaco, unha vez máis gracias ás traducións simultáneas de Kuba pudimos enterarnos mellor do que aconteceu nesas minas. As minas de sal é algo fantástico, increibél, uns auténticos cracks da escultura os mineiros eses. O comezo da visita tes que baixar ó redor duns 500 escalóns, a uns 160 metros de profundidade, polo que aumenta ó nivel destes homes. Actualmente só podes visitar 3 km, aínda que as minas de sal contan con máis de 300 km de túneles.
A visita durou unhas tres horas e media e o rematar volvimos cara Cracovia, onde almorzamos, despois fomos ver o Dragón botando lume pola boca (icono desta cidade) e por útlimo fomos o barrio Xudío, onde rodouse a famosa pelicula “A lista de Schindler“, dirixida por Steven Spielberg. Actualmente encóntrase a factoría de Schindler no barrio.
Por último dicir que collimos o tren cara Katowice (agardamos 3 horas polo tren cara Bratislava) e visitamos esta cidade. Non hai moito que salientar…non é verdade o que dice Rodrigo (algo xa habitual o ser o máximo manipulador de la historia) pero é unha cidade moi fea.





2º Dia en Polonia

23 10 2008

Despois dunha noite intensa (viva a nightlife en Krakow), conseguimos despertarnos bastante cedo (antes de comer), e así poder disfrutar da cidade de Cracovia. Resultou moito máis doado adentrarnos no casco vello debido a que o noso albergue encontrábase a escasos centos de metros polo que non fixo falta coller ningún medio de transporte.
Gracias a Kuba (o noso amigo polaco) que coñecia perfectamente a cidade pudimos percorrer con total facilidade o casco vello, a súa praza maior onde se encontra o mercado dos paños e ás súas rúas colindantes. Como xa dicía o meu libro (Viaxar con Interrail) está praza é unha das máis fermosas de toda europa, xa que en ela encontrase o xa mencionado mercado, a torre do antigo concello e a basílica de santa María co seu fermoso retablo no interior. A continuación, diriximonos o Castelo da cidade onde visitamos uns cantos museos e no que tamén pudimos disfrutar da catedral.
O rematar fomos a almorzar a un pequeno restaurante que tiñan un menú do día por catro euros (12 zl) e así probar a comida típica de Polonia.
Por último vimos a universidade de Krakow (a pública, por suposto) e dimos un paseo pola muralla que engloba o casco vello.
O máis interesante de Krakow, e que todo o casco vello é rodeado por árbores, e se ves unha foto aérea da cidade o casco vello fai un puño, similar a un puño comunista. (Bravo).
Por último, dicir que saímos pola noite e fomos a un local chamado Lubu-Dubu, no que nos divertimos bastante…





1er Dia en Polonia

22 10 2008

O pasado venres 17 de outubro foi o meu primer dia en Polonia (sintoo no actualizar antes pero aínda estou morto). O viaxe o fixemos en tren Bratislava-Katowice, aínda que foi pola noite, foi un coñazo, xa que para que o billete sexa máis barato tes que mercar de fronteira a fronteira polo que un novo revisor despertábate cada 2 horas (o viaxe durou 7 horas).
Chegamos a Katowice ás 5.30 am, e tivemos que esperar dúas horas para ir a Oświęcim onde encóntrase o maior campo de concentración nazi. Polo que ás 8 am xa estabamos na porta do museo de Auschwitz. A verdade levaba moito tempo esperando este momento e por fin chegaba…estaba un pouco nervioso.
Unha vez no museo o primeiro que aprendes (se non o sabias de antes…non é o meu caso) é que o campo de concentración de Auschwitz dividese en 3 campos. O primeiro, onde estaba o museo, o segundo, o máis grande e famoso de todos, e o terceiro do cal non sei nada, porque non se pode visitar.
Creo que é un visita obrigada para calqueira persoa do mundo, aínda que penso que o mellor e ir só unha vez e nada máis, porque aíndaque eu son un home dos pés a cabeza paseino bastante mal. Non teño palabras para describir o que observei nese campo, é indescriptibél.
Despois de rematar a nosa visita, collimos un tren cara Cracovia. Tiñamos “reservado” un albergue chamado “O mosquito” no que pagamos 10 euros por dos noites. Unha vez instalados, e despois dunhas birras, adentrámonos na nightlife de Cracovia, sen dúbida, Impresioante.
Destacar a figura de Kuba, o noso amigo e guia polaco (tamén reside en Druzba), que sen él non sería posibél.





Socio do GYM

20 10 2008

A semana pasada anoteíme o gym para ser un cuadrado máis de Bratislava, como dí o dito: senón podes con eles…únete a eles! por iso adestro tódolos días (aínda so fun tres veces..xD) para ser o tio máis un animal do mundo.
A verdade é que agora arrepíntome un pouco, xa que, facer pesas non é pra min. Ser socio deste magnífico gym custa 750 sk (26 euros) o cuatrimestre, polo que o prezo non está nada mal aínda que tampoco é moi grande e ten poucas maquinas.
Menos mal que tamén podo ir aerobic polo mesmo prezo





24-0 Día Histórico

20 10 2008

O vindeiro 24 de outubro de 2008 en Bratislava será un día histórico para mi, xa que, Bukake encontrarase nesta cidade para cerrar tódalas bocas posibéls. Todo o mundo da arte, tecnoloxía, cenza, cine, música e demáis coñecen a Bukake polas numerosas contibucións o progreso no mundo.
Sobre todo quero destacar o meu amigo Flow (gran imitador na intimidade de Bukake) que tantas tardes e noites estivemos falando deste home e canto pagaríamos por velo en directo. Agora iso xa é posibél. Imperio Ostríl, Mendufest e Knc estarán ben representados.





Viaxe de volta

20 10 2008

A semana pasada merquei os billetes de avión para voltar a casa polo nadal (coma o turrón…chiste frouxo). Ese día será o vindeiro 13 de Decembro, facendo a ruta Bratislava-London-Oporto.
Se mirades no calendario ese día é sábado polo que … ¡Festa de Benvida!
Aínda que Bratislava é o máximo tampouco está mal voltar a casa…pero non os acostumbredes, en Xaneiro regreso o Erasmus.





De vacacións

20 10 2008

Dende o pasado xoves ata hoxe pola maña (7am) estiven de viaxe, de ahí a pouca actividade do blog..sítoo moito. A miña visita foi por AUSCHWITZ, Cracovia, Katowice e as minas de sal. Tendredes máis detalles o longo do dia, porque apenas dormín tres horas e agora teño clase. Bicos a todos e gracias por desear máis información





Barbacue

14 10 2008

O domingo pasado fixemos unha barbacoa o carón do río Danubio, nun lugar privilixiado que temos na nosa residencia. A verdade e que aínda que a organización Ucraniana-espanhola foi un auténtico desastre (os alemanes encargaranse a próxima vez), o pasamos moi ben. Foi un día en plan campo, todos con carne e cervexas nas máns nos diriximos o que iba ser un recinto habilitado para facer unha barbacoa, que o final resultou ser tres pedras no que apoiar a parrilla. Pero aínda asi a verdade é que resultou unha boa festa, comimos moita carne e chourizo, e degustamos a cervexa eslovaca. Un auténtico Domingo Europeo





Dia da Galiza Combatente

14 10 2008

O pasado sábado 11 de outubro celebrouse o día da Galiza combatente, e como non podía ser de outra maneira eu celebreíno en Bratislava por tódolo alto. Un saúdo Camaradas!

Texto sacado de Nós Up
Militantes e simpatizantes de NÓS-Unidade Popular concentrárom-se neste 11 de Outubro ao pé do Farol de Meirás, no concelho de Valdovinho, para comemorar o Dia da Galiza Combatente, dedicado nesta ocasiom às mulheres que, ao longo da história da Galiza, luitárom em defesa das classes populares, dos direitos nacionais e de género no nosso país.

NÓS-UP quijo reconhecer assim, nesta ocasiom, as mui diversas expressons de luita que, em diferentes etapas, assumírom posiçons libertadoras no campo popular: mulheres operárias, mulheres comunistas, mulheres guerrilheiras, mulheres feministas… mulheres independentistas. O lugar nom foi escolhido por acaso: a paróquia onde se encontram enterrados os restos de luitadora Lola Castro, a Meirás de Valdovinho, com o imenso Oceano Atlántico como pano de fundo.