Perfecto, increibél, obra mestra, matricula de honra, impresionante, inigualabél, magnífico, fodidamente bo… todo valdría para referirse o concerto de onte pola noite. SLIPKNOT ó mellor grupo do puto mundo, fixo o mellor concerto da miña vida. Deixáronse de especular e ofreceron a súa mellor versión no escenario. Increibél. Volcáronse con tódolos siareiros desprazados, destrozando con sons increibéls que so é capaz de facer Slipknot, e o público respondeu con creces, ofrecendo a mellor versión dun concerto.
O concerto tratábase dun pequeno festival de tres grupos: Children of Bodom, Machine Head e Slipknot. Este “festival” comenzaba ás 19h. E aínda que todo o mundo poda pensar que os concerto son coma na Galiza, que cando pon ás 19h refirese ás 20h, neste caso non, os alemáns (Austriacos) son moi puntuais, e ás en punto xa comenzara o concerto. Eu e o meu gran amigo Andrés (Ourense, GZ), entramos o estadio sobre ás 19.10h, xa que nos arredores do recinto facía menos 2 grados (insufrible). Despois de entrar tan só poidemos escoitar 4 cancións de Children of Bodom, aínda que causou unha gran sensación en nós e en todo o público (tiña razón Rodrigo). Polo que ás 19.30 xa rematara o primeiro grupo. Despois un cuarto de hora de parón (porque carallo na Galiza tardan tanto en trocar os instrumentos), comenzou o segundo grupo, Machine Head, deixaron un bo sabor de boca en xeral, particularmente, moito ruido e pocas noces, quixeron romper con todo pero non o conseguiron, estivo moi ben o concerto pero esperaba moito máis, ademáis das inumerabéls chamamentos feixistas cara o público máis xoven. Despois de tocar aprox. hora e media, e tras outro breve descanso saíu o rodo o mellor, o insuperabél, o mellor grupo da actualidade, o que non vive de rentas, o que o da todo en tódolos concertos…SLIPKNOT. Dende ese momento o éxtasis correu polas veas de todos, eu particularmente volvinme tolo, comencei a berrar, saltar a bailar…nunca sudei tanto na miña vida.
Que pasada! Foi grandísimo…non sei que máis podo dicir…se aínda non os quedou claro de que moi o mellor concerto do puto mundo é que ou non me explico ben o carallo apréndede a ler.
Datos negativos: T-MOBILE feixistas, regalaban tapones antes de entrar o concerto. E que non levei carama de fotos…unha pena.
Aquel que queira ir a un concerto de Slipknot que conte conmigo, onde sea, dame igual.
ALL HOPE IS GONE



















