Volta a vida real

18 12 2008

Como xa sabedes o domingo de madrugada retornei a vida real. Despois da sorpresa dos meus pais co coche, Rebeca e máis eu fomos as ostras para saír pola noite e saúdar a todos. O meu recibimento nas ostras non pudo ser mellor, os señores Flow, Brais, Martín e Nolfo esperábanme coas máns abertas. Despois de degustar os cubatas con xeo (a mellor tradición do mundo), fomos o Mondo, un garito infernal preto da rúa don Bosco, no que atopas malotes e nenos de 18 anos por todas partes, ademáis do factor cubatas 6 euros e música infernal. O mellor de todo foi ver coma os meus amigos trocaron cara mellor, por suposto cada ún coas súas toleadas, Brais=DEUS  da noite atopábase fora de si, Martin conas pérdido só facía festexar o triunfo do Barça con todo aquel que levara a camisola, Nolfo máis sociabél ca nunca, ata vai saír en fin de ano e por último Flow, o cal triunfou cunha moza en estado lamentabél, pero aínda así é o selteiro de ouro. Por último desa noite destacar o DJ CHE no Lolita, onde mandoulle ata o que non está escrito. Gran noite a do sábado.

O domingo cando despertei tocaba almorzo familiar co COCIDO como prato estrela, para nada defraudou.

O martes exame de RRHH no cuvi, onde comprobei que ser Erasmus en Vigo non sirve para nada, lamentabél o meu exame. Cando rematei o exame fun a Compostela, paseia noite alí e voltei o mércores xa que tiñan que sacarme unhas moas. Agora mesmo un día despois da operación estou feito unha merda.





O guisante cósmico

18 12 2008

Imaxínade a miña sorpresa cando cheguei a casa (domingo 00.30 am) e enriba da miña cama tiña un agasallo, pero non un agasallo calqueira senón desta volta era un C-O-C-H-E. Increibél, meus tolearon de non verme pola casa e decidirón tirarla pola fiestra.

O coche é un Opel Corsa, de segunda mán, a gasolina e de cor verde guisante. A verdade é que non sei máis datos e co flipado que estaba nin sequera preguntei. Tranquilamente pode ser o mellor agasallo que fixéronme na miña vida. Quero darlle ás grazas a miña familia por semellante sorpresa. A volta a casa é mellor que nunca. xD.

168496corsa-10-verde-boa
(non é exactamente este)





GALIZA TERRA QUERIDA

12 12 2008

Este é meu último post dende Bratislava (é pode ser o último do ano…aínda non sei se escribirei dende Vigo), o tempo pasa voando, pero hoxe xa é 12 de decembro polo que maña toca voltar a casa.

Despois de tres meses en Bratislava, podo asegurar que é o mellor destino erasmus do mundo, estou supercontento, non so coa cidade senón coa xente de aquí. Menos mal que funme de erasmus, pode ser a experiencia máis importante da miña vida… polo que podedes ler para nada arrepíntome de vir a “estudar” aquí.

Pois nada a partires de maña sobre as 12 da noite (perfecto para saír) xa estarei por Vigo, teño unhas gañas enormes de estar co Imperio (H)Ostril nas ostras, da moza, do cocido, das mozas galegas, de falar a nosa lingua, ver o Celta… vivir na Galiza que bonito é, andar de parranda e durmir de pé…

Imos a montar unha gorda maña, ademáis celebraremos a derrota do Mandril, e incluso pódese chamar a Rodrigo para humillarlo. Pois eso maña xa os verei a todos os que ficades en Vigo, os cataláns para dentro dunha semana. Mendufest enteiro para dentro dunha semana…

mapa_galiza





Entroido de famosos

12 12 2008

Este xoves tocou entroido de famosos. Como podedes imaxinar, cada un de nós disfrazouse dun personaxe mítico do cine, comic, real ou animal. Normalmente, a festa do xoves soe ser normalita, pero a verdade que a de onte foi fantástica, xa que moitísima xente animouse a vertirse polo que estivo moi pero que moi ben.

imgp2809

Os mellores disfraces foron: Andrés como Dark Vader, Cori como Hulk, Cristina como Pamela Anderson, Ersin como Wolverine ou Nacho como Maradona.

imgp2819

No meu caso, eu era Terrorista (Bin Laden), pouco orixinal, copiado básicamente a un rumano cando fun a Timisoara a ver a Rodrigo, a verdade é que non tiña nada máis para vestirme.

imgp2817

A última festa do ano en Bratislava pero resultou un festón.





Money and Banking

9 12 2008

Non se trata dunha serie da televisón  nin tampouco dun programa de entretenimiento. Non é “Money, Money” o “Money sexo” nin nada que se lle pareza. Money and banking é unha materia a que estou matriculado en Slovakia, unha materia que dende hoxe mesmo xa teño aprobada.

imgp2805

Para aprobar a materia tiñas que facer dous exames diferentes, un que valía un 20% da nota final, e outro o exame final que valía un 60%, o restante 20% pertence a asistencia en clase, facer un traballo e presentalo.

Pois despois de facer o exame final hoxe pola maña o cal fun de renganche despois de estar toda a noite estudando, pero non pensedes que o deixei todo para o final, senón que levo estudando máis dunha semana para esto, a miña nota final é…

imgp2807

SOBRESAÍNTE. COMEZAN A DAR SUS FRUTOS ESTAR TODO O DÍA ESTUDANDO. (xa o dicía a miña nai). Unha menos, e a seguir traballando moi duro para aprobalas todas.

O mellor detalle de todo é que miña verdadeira nota era dun notabél, pero a hora de pasar as notas preguntoume a mestra cal era a miña nota e eu contesteille A (SOBRESAÍNTE), e ela así o asínou.





CHRISTMAS MARKET

8 12 2008

O Christmas Market (Mercado do Nadal) é algo moi típico nos paises europeos, paises como Austria, Alemaña, Polonia ou Slovakia, suelen ter un en cada praza de cada cidade ou vila.

O Christmas Market é como o seu nome indica un mercado do Nadal, onde podes atopar todo tipo de agasallos relacionados co Nadal ou coa cidade. Sen embargo, non pensedes que só hai agasallos, senón é unha boa oportunidade para probar os productos típicos da terra, comida e bebida, son os productos estrela neste tipo de mercados. Ademáis, estes mercados teñen a costume de ter un palco, no que os cativos fan diversas actuacións cos seus vestidos tradicionais.

imgp2801

Eu por agora, só asistín a dous Christmas markets, o de Viena e o de Bratislava, que son totalmente opostos o un ó outro. O de Viena, esta máis perfilado o consumismo de productos do nadal como: figuras do Belén, ou bolas para ó árbore, mentres que se falamos de comida o seu producto estrela pode ser o chocolate ou ponche. Pola contra, en Bratislava o mercado está destinado a comida e sobre todo a bebida, no que o seu producto estrela pode ser o Viño quente, unha merda de viño que a xente tolea por bebelo nestos lares. En souvenirs, o mercado de Bratislava escasea bastante.

imgp2798

Unha vez máis, Bratislava segue gañando puntos e con este tipo de acontecementos encandila o noso corazón. Bratislava cidade perfecta para un erasmus.

2121087658_a5b74c356e





Festa Romana

7 12 2008

Dende hai un mes, nós en Druzba, organizamos tódolos Xoves unha festa temática no corridor. Recordades a festa do nadal ou summer party, esas foron a primeiras festas temáticas na noite do Xoves. Desta volta, o turno era para festexar unha festa romana. Normalmente os artículos relacionados coa festa e que sirven de decoración son roubados o mesmo día pola tarde no Tesco (un supermercado tipo Corte Inglés), no que hai un grupo de persoas destinadas para eso (do cal eu non formo parte).

Nesta ocasión resultaba máis fácil que nunca vestirse para a ocasión xa que so tiñas que usar ás sábanas da túa cama e con elas facer unha capa, despois un pouco de viño e uvas e a festa xa estaba montada.

n1204512897_233003_6203

A verdade é que resultou unha festa bastante absurda, vertirse coa sábanas da cama para que despois queden feitas unha merda e ter que durmir nesas condicións algúns días e unha auténtica estudipez. Aínda así, a xente animouse moito e moita xente vestiuse (aínda que comezou moi tarde) e polo que sei sacaron moitas fotos.

Pola miña parte, antes de que comenzara a festa estiven ollando o Lech Poznan vs Coruña, encontro da copa Uefa, do cal o meu compañeiro de habita é fan do equipo Polaco (ó cal asegúrame de que son profesionais…eu o dúbido bastante). Despois de beber unhas birras e cear o meu querido salami (1kg= 1euro), comecei a encontrarme un pouco mal. Doíame a cabeza e a barriga (xa avisanme que o Salami non podia estar moi bo), polo que tras 30 minutos no corridor decidin ir o centro a saír, e deixarme de merdas de festa romana. Unha vez no centro a festa foi bastante lamentabél, pouco habente e moita merda. O único positivo da noite, Mikko (Filandés), ensinoume a palabra Perkelee, e que amosoume porque a xente dos paises do norte teñen tanto indice de suicidios (porque están todos tolos)

n1204512897_232999_5178

PD: Manuel, non levantes tanto a zarpa que vésete o plumero





O mellor 3ª Feira da miña vida

5 12 2008

O pasado terceira feira (Martes) foi o mellor da miña hulmilde vida. Ninguén sabe como foi pero a verdade é que todos nós animamos moi fácilmente e resultou unha festa terribél.

cimg85271

Todo comenzou coma sempre, batindo ás portas dos veciños para animalos para saír de noite, eles responderon coa súa correspondentes cervexas nas máns, comenzaron os cánticos, algún que outro ordenador soando música… o de sempre. Pero de supeto, eu o igual que algún outro sacamos a nosas reservas de alcohol escondidas na habita. Ese foi o mellor acerto da miña vida, chupitos de licor de herbas e de Ron, trocaron a noite por completo.

Ninguén recorda unha noite tan tola, ninguén foi sereno, foi unha auténtica toleada. Unha festa sen dúbida que será recordada. Como calqueira Martes fomos o Casey’s, aínda que poucos recordan semellante noite, tan só tes unhas cantas imaxes na mente. De feito tardei tres días en facer a crónica…

18





Galiza – Chile 27 Decembro

3 12 2008

Como xa va sendo habitual nestes últimos anos (espero que continue a tradición) na época do nadal a nosa seleçon xoga o seu encontro anual. Mágoa que so celébrese un encontro por ano, e ademáis de carácter amigable, pero tendo en conta no estado no que vivimos temos que dar grazas de poder disfrutalo.

Como sempre neste tipo de eventos o que menos é o encontro, que desta volta é contra a selección nacional de Chile (país sudamericano), e que celebrarase no estadio corunhes de Riazor o próximo dia 27 de decembro.

partidoweb

Como todo o mundo sabe, por facerte socio de Siareiros Galegos danche unha entrada para o encontro, ademáis da posibilidade de viaxar en autocarro con eles po un precio máis que razonabél. Viaxan bastante cedo para poder asistir a xa tradicional Manifa antes do encontro, no que pedimos que Galiza participe nas competicións oficiais como Naçom, baixo o lema de: UNha Naçom unha Seleçon. Despois do encontro, podes quedarte os típicos concertos de boa música como Skarnio, Lamátumba…. non sei quen toca este ano.

_album_apaisadaeds

Polo tanto animo a todo o mundo que acuda a este evento que é unha cousa increibél. Eu seguro que vou, imaxino co meu gran amigo Xouba (un habitual nestes actos), quen queira vir que me avise.

20061228_siareiros_galegos_03_800