Como xa va sendo habitual nestes últimos anos (espero que continue a tradición) na época do nadal a nosa seleçon xoga o seu encontro anual. Mágoa que so celébrese un encontro por ano, e ademáis de carácter amigable, pero tendo en conta no estado no que vivimos temos que dar grazas de poder disfrutalo.
Como sempre neste tipo de eventos o que menos é o encontro, que desta volta é contra a selección nacional de Chile (país sudamericano), e que celebrarase no estadio corunhes de Riazor o próximo dia 27 de decembro.
Como todo o mundo sabe, por facerte socio de Siareiros Galegos danche unha entrada para o encontro, ademáis da posibilidade de viaxar en autocarro con eles po un precio máis que razonabél. Viaxan bastante cedo para poder asistir a xa tradicional Manifa antes do encontro, no que pedimos que Galiza participe nas competicións oficiais como Naçom, baixo o lema de: UNha Naçom unha Seleçon. Despois do encontro, podes quedarte os típicos concertos de boa música como Skarnio, Lamátumba…. non sei quen toca este ano.
Polo tanto animo a todo o mundo que acuda a este evento que é unha cousa increibél. Eu seguro que vou, imaxino co meu gran amigo Xouba (un habitual nestes actos), quen queira vir que me avise.



probablente vaia
E unha sorte poder viaxar en autocarro, increibel!!!!
Autoocarros ó poder.Algun dia interpretaremos Os Pinos en Balaídos.