Sen dúbida, Sverige é diferente, un pais do norte de Europa, cunha cultura e un nivel de vida superior a case todolós paises do mundo, que fai que a xente sexa moi sociabel e aberta. Como todos sabeis, eu son un namorado de Sverige, aínda que o meu punto de vista non sexa del todo neutral (Sweden é neutral en todolós aspectos), penso que Estocolmo (a capital do pais) encantaríalle a todos.

A miña aventura por terras suecas comezou o sábado 24 de Xaneiro cando collimos un avión directo dende Bratislava a Estocolmo, magoa que o voo saíra ás 20h, xa que chegamos ás 22h (2h de viaxe), e aínda nos quedaba baixar do aeroporto,que neste caso non se atopaba moi preto, a uns 80 minutos en bus, polo que ese dia non o disfrutamos.
O prezo do bus foi de 249 sek (coroas suecas), polo que costounós máis o bus que viaxar en avión.
Unha vez no centro, intentamos procurar o albergue, e despois de dar varias voltas un pouco perdidos por fin ó atopamos. Unha cousa que te chama a atención en Estocolmo é que a maioria das casas non usan chave, todas teñen un código para abrir a porta, algo que nós descoñeciamos, polo que o chegar o albergue necesitabamos dito código para acceder, xa que a recepción non era de 24h, e o turno de traballo remataba as 18h.
Despois de certos problemas a hora de encontrar todolós códigos e todo iso, acompañamos os que tiñan que durmir noutro albergue (xa que non habia sitio para todos no mesmo).
Unha cousa que teño que destacar é que o sábado habia unha gran festa pola rúa (esta pobo sabe divertirse), moitisima xente en todolós pub ou discos, de feito en todo local aberto tiña unha fila de persoas na porta do seu “garito”. Para acceder a estes recintos tiñas que ter un mínimo de 23 anos de idade…
Cando por fin atopamos o segundo hostel xa eran as 3 am, polo que nos fomos a deitar.