iSTANBUL

22 02 2009

Istanbul é  a miña cidade favorita.  Ersin, o meu irmán turco, o perfecto guía. Ese pode ser o resumo da miña viaxe.


Chegamos a Istanbul o martes ás 4 da maña, pero non fixemos nada a parte de chegar o hostel via taxi.
O noso hostel chamábase Istambul World House, un pequeno hostel na zona de Beyoglu, preto da torre Galata, no cal disfrutabas dunhas grandiosas vistas cara o corno de ouro da cidade e o Bósforo. Pode soar raro que colleramos o hostel nesa zona, pero a razón da nosa elección foi que está é un barrio de xente xovén no que podes encontrar un pub ou un sitio para tomar algo con moita facilidade.

n739404642_1356125_4694

A nosa visita a cidade comezou o martes sobre ás 11 da maña cando o noso amigo Ersin apareceu no noso hostel, e despois dos respectivos saúdos, saímos cara ó centro da cidade en busca de acción (o primeiro dia sempre é mítico de museos). Unha vez cruzado o ponte Galata, onde podes observar a xente pescando 24 horas o dia, collimos un barco para facer a nosa visita o Bósforo o cal custounos uns 5 euros a cada un, nese intre é cando dímonos conta que estar cun nativo da cidade era  perfecto, xa que o barco compartiámolo cuns turistas alemáns que pagaron 25 euros por cabeza. Unha vez rematado tocou o turno de visitar Basilica Cistern, Aya Sofia, a mezquita azul… é difícil describir todo esto, tedes que vivilo. Cabe destacar que o martes a noite descubrín o Salep, unha especia de café-leite que é incríbel, unha delicia.
É difícil explicar con claridade todo o que vivín en 5 días, asi que simplemente falarei do máis importante, por exemplo, os lugares de interés que visitaron foron Topkapi Palace, museo miniturkey, baños turcos, gran bazar… no gastronómico creo que probei unha gran variedade de comidas, coma por exemplo, a hamburguesa húmida, kebad, Lahmacun, kebad de peixe… a súa bebida, coma por exemplo, Raça.

n739404642_1356139_5441

Foi unha viaxe tremenda, disfrutando de cada segundo que estivemos alí, ademáis disfrutamos unha vez máis de cada minuto con Ersin, do cal so teño palabras de agradecemento cara él, portouse como un perfecto afitrión organizando cada minuto do viaxe e facendo esforzos moi grandes para poder estar con nós. Thank you, Ersin. Tamén teño que dar grazas a Ercan, que estivo o último dia connosco, e portouse extraordinariamente tamén.
O detalle do viaxe foi que o venres (o dia máis importante da semana para os islámicos) fun con Ercan a unha cerimonia islámica nunha Mezquita, o cal foi a experencia máis educativa que tiven na miña vida.

n739404642_1356124_3534Máis fotos prima aquí.





Nitra

15 02 2009

Onte fomos a Nitra, que é a cuarta cidade máis grande de Eslovaquia occidental, a pasar o dia. Nitra, xunto a Bratislava, son as cidades máis antigas de Eslovaquia, prácticamente encóntrase a unha hora en autobus de aquí, polo que é bastante doado ir e voltar no mesmo dia (cousa que fixemos).
Esta vez, é por primeira vez nós meus viaxes, fun con case todo o mundo extranxeiro. Fomos uns 7, catro de Francia (Musa, Benoit, Amelie e Lionel), unha turca, Bilguesu, unha de castela comunera, Reyes e eu.
A verdade é que o pobo é o máis normalito do mundo, co típico encanto de calqueira vila pero normalito de todo. Destacar que o frio foi predominante en toda a viaxe, polo que fixo que non poideramos disfrutar tanto da nosa estancia. Aínda que deixou detalles moi interesantes (xa o veredes nas fotos), podemos destacar que Nitra é un pobo dedicado os tuberculosos.

dscn0184





Jobs Costume Party

13 02 2009

Noite especial a de onte. Foi un deses xoves nos cales disfrazamonós de algo interesante ou chamativo. Cumplimos con éxito a misión, os novos fliparon. Creo que sobran as palabras…

n509533327_1274155_2088

En breves máis fotos…  aquí.





Galicia Bilingüe = Feixistas

10 02 2009

Galicia Bilingüe FÓRA DA GALIZA!

manigb2

gbs5

e_090208-154334

CONTRA O FEIXISMO NI UN PASO ATRÁS

FORA ESPANHOLISMO DA GALIZA!!

AVANTE A NORMALIZAÇOM LINGÜÍSTICA!!

SOLIDARIEDADE COM OS DETIDOS!!





Completo

10 02 2009

Ese é o estado do meu piso, completo, xa que chegaron todos os compañeiros da miña habitación e da veciña. Por lo tanto, na miña habita viven un croata chámado Matt, da cidade de Split, e  Benua, o francés dunha vila o norte de París. Na habita do lado (cos cal compartimos cociña, baño e servicio) son ún de Noruega, chámado Eric, da cidade de Bergen, e outro é de Finlandia (pero non lembro o seu nome nin tampouco onde vive).

En principio, o mellor da miña habita sen dúbida é o croata, son máximas risas con él e parece bastante bo rapaz (aínda que hai que darlle tempo) e confirmoume o sabido por todo o mundo que odian a Davor Suker (Dato para Rodrigo, Europa odia o Real). Os peores son os dous do norte, o filandés e o noruego, son unha panda de… bueno temos que darlle tempo.

Polo demáis descatar que onte fixen un exame da Universidade de Vigo aquí, é dicir, o profesor de Vigo mándache o exame por fax ou por email, e un profesor vixílate para que non copies. Esta xenial porque asi non tes que ir a casa para facer un exame.

Os novos estudantes Erasmus veñen con forza, quitando como sempre os míticos que veñen coa guitarra e a tocan para tocar os collóns (só falta algún con un bongo), moitos deles veñen cargados de enerxía para rachar con todo.

n509533327_1114802_7693





Invasión Francesa

5 02 2009

Señores, comezan a chegar os novos erasmus!!! Druzba comeza a coller cor! É o que todo o mundo desexaba, xa que estabamos fartos de morrer de asco polo corridor.

Pois eso, despois das últimas despedidas (as máis importantes para min) xa comezan a chegar os novos,  entre eles o meu compañeiro de habita, Benua, un francesito que vive preto de París, o cal non podo contar moito xa que só falei un pouco con él, pero non parece mal rapaz (por certo, comencei as miñas clases de Francés…maldito foi o dia…) e na habitación do lado está Eric, un noruego que vive en Bergen, cidade no medio dos fiordos, tampouco teño moito que dicir, tan só que viu de Erasmus a estudar.xDDDD. Pobre novato.

Polo demáis hai representación de moitos paises, entre eles:  tres gregas, un filandés (Tarado, totalmente oposto de Mikko, bebedor de algo de 60º (un inferno), fumador de puros e boxeador profesional…todo un elemento), un checo, un holandés, un lituano, polacos, un portugués, e mil franceses (sobre uns 12)… un dia destos comenzarán a cantar a Marsellesa. Por certo, confirmado, Odian a Zidane (Para Rodrinho).

Polo demáis a cousa segue máis o menos igual, sen moita máis novidade, tan só mencionar que cada vez que soa o ascensor saímos o pasillo para ver o que chega… esperamos un pouco máis de sorte. Aínda é cedo para catalogar a nova remesa de Erasmus, sobre todo porque tan só chegaron uns poucos, pero o nivel de inglés baixou considerablemente, e no que respecta a festa aínda non podo dicir nada pero polo menos pola nosa parte seguimos igual.

PD: os novos están cagados con beber coa mán dereita…xD.