Nitra

15 02 2009

Onte fomos a Nitra, que é a cuarta cidade máis grande de Eslovaquia occidental, a pasar o dia. Nitra, xunto a Bratislava, son as cidades máis antigas de Eslovaquia, prácticamente encóntrase a unha hora en autobus de aquí, polo que é bastante doado ir e voltar no mesmo dia (cousa que fixemos).
Esta vez, é por primeira vez nós meus viaxes, fun con case todo o mundo extranxeiro. Fomos uns 7, catro de Francia (Musa, Benoit, Amelie e Lionel), unha turca, Bilguesu, unha de castela comunera, Reyes e eu.
A verdade é que o pobo é o máis normalito do mundo, co típico encanto de calqueira vila pero normalito de todo. Destacar que o frio foi predominante en toda a viaxe, polo que fixo que non poideramos disfrutar tanto da nosa estancia. Aínda que deixou detalles moi interesantes (xa o veredes nas fotos), podemos destacar que Nitra é un pobo dedicado os tuberculosos.

dscn0184