Istanbul é a miña cidade favorita. Ersin, o meu irmán turco, o perfecto guía. Ese pode ser o resumo da miña viaxe.
Chegamos a Istanbul o martes ás 4 da maña, pero non fixemos nada a parte de chegar o hostel via taxi.
O noso hostel chamábase Istambul World House, un pequeno hostel na zona de Beyoglu, preto da torre Galata, no cal disfrutabas dunhas grandiosas vistas cara o corno de ouro da cidade e o Bósforo. Pode soar raro que colleramos o hostel nesa zona, pero a razón da nosa elección foi que está é un barrio de xente xovén no que podes encontrar un pub ou un sitio para tomar algo con moita facilidade.

A nosa visita a cidade comezou o martes sobre ás 11 da maña cando o noso amigo Ersin apareceu no noso hostel, e despois dos respectivos saúdos, saímos cara ó centro da cidade en busca de acción (o primeiro dia sempre é mítico de museos). Unha vez cruzado o ponte Galata, onde podes observar a xente pescando 24 horas o dia, collimos un barco para facer a nosa visita o Bósforo o cal custounos uns 5 euros a cada un, nese intre é cando dímonos conta que estar cun nativo da cidade era perfecto, xa que o barco compartiámolo cuns turistas alemáns que pagaron 25 euros por cabeza. Unha vez rematado tocou o turno de visitar Basilica Cistern, Aya Sofia, a mezquita azul… é difícil describir todo esto, tedes que vivilo. Cabe destacar que o martes a noite descubrín o Salep, unha especia de café-leite que é incríbel, unha delicia.
É difícil explicar con claridade todo o que vivín en 5 días, asi que simplemente falarei do máis importante, por exemplo, os lugares de interés que visitaron foron Topkapi Palace, museo miniturkey, baños turcos, gran bazar… no gastronómico creo que probei unha gran variedade de comidas, coma por exemplo, a hamburguesa húmida, kebad, Lahmacun, kebad de peixe… a súa bebida, coma por exemplo, Raça.

Foi unha viaxe tremenda, disfrutando de cada segundo que estivemos alí, ademáis disfrutamos unha vez máis de cada minuto con Ersin, do cal so teño palabras de agradecemento cara él, portouse como un perfecto afitrión organizando cada minuto do viaxe e facendo esforzos moi grandes para poder estar con nós. Thank you, Ersin. Tamén teño que dar grazas a Ercan, que estivo o último dia connosco, e portouse extraordinariamente tamén.
O detalle do viaxe foi que o venres (o dia máis importante da semana para os islámicos) fun con Ercan a unha cerimonia islámica nunha Mezquita, o cal foi a experencia máis educativa que tiven na miña vida.

joer iaguiño!as fotos impresionantes!eu quero ir ahí!q envexa d verdade… sencillamente increible!nin t imaxinas o contenta q m sinto d q che gustara tanto a cidade, tamén é q me encanta verte tan flipado cando conñeces un sitio e quedas prendado del!
espero q a miña chegada sexa tamén tan triunfal…nunhas horas xa estou ahí!
quérote meu!
Increibles fotos, k recuerdos, k escandalo de ciudad…
No t petaron el cacas en los baños turcos?
El 15 estams ahi, a ver si t conectas para planear todo, q yo tb kiero hacer uno de esos viajes q son “la mayor experiencia de la vida” contigo!
Bicos