Miss Rebeca Santos II

8 03 2009

O mesmo titulo para o mesmo final. A visita de Rebeca a terras eslovakas foi moi similar a anterior, xa queda lonxe o mes de novembro, aínda que nesta ocasión poidemos disfrutar máis o un do outro. Pero sempre é o mesmo, chega, estamos xuntos e xusto cando mellor estas, nese intre… tense que ir. Inxustiza?¿ Non, así é a vida.
Unha semana non foi suficiente (nunca ó é), pero chegou para  poder viaxar a Praga, Dresden e Viena. Dous dias en cada cidade, e cada dia mellor co anterior. Disfrutar das cousas cando tes a mellor compañeira de viaxe o teu carón sempre é moi doado, e aínda máis se admiras e queres a esa persoa.

dscn0427
Unha viaxe inesquecible, a primeira xuntos para nós, e con todo o meu corazón espero que non sexa a última. A primeira de moitas… a viaxe máis especial da miña vida.

dscn0310
Sempre escribo en referencia o último viaxe  realizado como o mellor da miña vida, son todos distintos e diferentes, cidades máis bonitas ou máis peculiares, pero moitas veces o que fai que todo sexa tan especial é a persoa que comparte o teu viaxe contigo, agora xa sei quen é esa persoa, a persoa que todo o que toca… convértese en ouro. Unha cidade coma Viena, a cal fun unhas oito veces, nunca a mirara como cando estiven contigo. Eso non ten prezo.

dscn0331
Grazas por compartir a túa vida conmigo, grazas por facer este viaxe conmigo, grazas por todo.

dscn0495