Visitas

24 03 2009


Nas últimas semanas, como todos sabedes, tiven bastantes visitas. A primeira foi dos señores Xacobe Peleteiro e “Pajarito” Ferinho, a segunda foi Rebeca e a última da parella Josiño-Raquel. Cada cál distinta, pero a súa vez interesante. O primeiro que quero dicir é que estou moi agradecido a todos, xa que moitísima xente viu a visitarme e os que non viñeron foi porque non puideron, así que sen poñernos melancólicos, moitas grazas a todos, significa moito para min.

Peleteiro e Pajarito disfrutaron gastronómicamente da cidade, acompañada por un tempo horribilus que fixo neses días, fixo que non puideramos percorrer toda a cidade, mágoa que viviran a noite eslovaka dende o punto de vista do Sr. Galego, non por estar con él, senón porque non disfrutei da súa compaña. Foi un pracer terlos aquí, aínda que pajarito necesita un curso acelerado de cervexa.

dscn0280

A parella de ouro, coa cal compartín unha viaxe magnifica por terras serbias e rumanas, puideron disfrutar da forza do Slovan Bratislava en live (encontro de Hockey), ademais de coñecer o museo nacional eslovako, onde apreciaron ás súas obras con clase. Encantado da súa visita, pero os burgueses cataláns teñen que comezar a disfrutar da noite, que estanse convertendo en avós. A idade pasa factura…

dscn0014

Pd: ás críticas constructivas buscan replica para fomentar a entrada do blog.xD.