Aproveitando a visita de Josiño e Raquel, fixemos un mini tour por terras serbias e Rumanas. Belgrado, a capital de Serbia, foi o noso primeiro destino, a priori as expectativas postas nesta cidade eran moi altas, polo que como podedes imaxinar non cumpríronse. A miña veciña Maja, nada en Belgrado, dixéranos que era unha cidade encantadora, moi bonita e cunha festa terríbel. A hora da verdade, foi unha das peores cidades que visitei na miña vida, a típica cidade comunista sen nada que visitar ou sen nada que facer…. ¿a festa? tan só estivemos unha noite e puidemos apreciar que a xente gústalle bastante a festa, pero non foi unha cousa doutro mundo.


Despois de Belgrado aparecemos en Timisoara (a terra natal do noso amigo Rodrigo), o cal tiña un problema nun ollo e non puido estar connosco na saída nocturna, aínda así foi un perfecto anfitrión. Unha noite alí, chega para saber o que o Heaven pode ofrecerte.

Desde Timisoara fomos directos a Transilvania, a mellor rexión do mundo despois de Galiza, cun paraíso natural indescritible, grandes montañas e praderas…. precioso. Encantoume, so teño palabras de admiración cara esa rexión, impresionante, e iso que o castelo de Drácula foi un auténtico fracaso. A nosa visita por Transilvania foi polas seguintes cidades: Brasov, Rasov e Sighisoara.

Por último agradecer a Enrique (o meu compañeiro de viaxe durante toda a semana) por todo, un encanto de neno. ajjaja. Unha viaxe increíbel, coa mellor compaña posibel.