Belgrado e Rumania

18 04 2009


Aproveitando a visita de Josiño e Raquel, fixemos un mini tour por terras serbias e Rumanas. Belgrado, a capital de Serbia, foi o noso primeiro destino, a priori as expectativas postas nesta cidade eran moi altas, polo que como podedes imaxinar non cumpríronse. A miña veciña Maja, nada en Belgrado, dixéranos que era unha cidade encantadora, moi bonita e cunha festa terríbel. A hora da verdade, foi unha das peores cidades que visitei na miña vida, a típica cidade comunista sen nada que visitar ou sen nada que facer…. ¿a festa? tan só estivemos unha noite e puidemos apreciar que a xente gústalle bastante a festa, pero non foi unha cousa doutro mundo.

dscn0039

dscn0035

Despois de Belgrado aparecemos en Timisoara (a terra natal do noso amigo Rodrigo), o cal tiña un problema nun ollo e non puido estar connosco na saída nocturna, aínda así foi un perfecto anfitrión. Unha noite alí, chega para saber o que o Heaven pode ofrecerte.

dscn0048

dscn00601Desde Timisoara fomos directos a Transilvania, a mellor rexión do mundo despois de Galiza, cun paraíso natural indescritible, grandes montañas e praderas…. precioso. Encantoume, so teño palabras de admiración cara esa rexión, impresionante, e iso que o castelo de Drácula foi un auténtico fracaso. A nosa visita por Transilvania foi polas seguintes cidades: Brasov, Rasov e Sighisoara.


dscn0102

dscn0153
Por último agradecer a Enrique (o meu compañeiro de viaxe durante toda a semana) por todo, un encanto de neno. ajjaja. Unha viaxe increíbel, coa mellor compaña posibel.


Accións

Información

2 respostas

19 04 2009
Fat Morbida

Joder la cara de rodrigo es la destruccion misma

21 04 2009
rebi

jajaja estou contigo fat!esa foto non ten prezo!!!!!bravo rodrigao!

Deixa un comentario