Aproveitando as vacacións de semana santa a miña familia fíxome unha visita por terras eslovakas. Dende o sábado dia 4 de Abril ata o dia 10 do mesmo mes, estivemos coñecendo ás míticas cidades dos arredores de Bratislava, Viena e Budapest.

Unha boa tempada para pasar coa familia (meus pais, tíos e miña curmán) e encargarse de que volvese o “mundo real” (aquel que existe fóra do Erasmus), e pensar que facer do meu futuro, algo que dende aquí mirase moi lonxe.
Espero que eles disfrutaran o mesmo que eu, e que teñan un punto de vista mellor da miña Bratislava querida.
PD: que gusto da viaxar coa familia, entras a museos e restaurantes que sen eles os mirarías dende lonxe.