Visitas

24 03 2009


Nas últimas semanas, como todos sabedes, tiven bastantes visitas. A primeira foi dos señores Xacobe Peleteiro e “Pajarito” Ferinho, a segunda foi Rebeca e a última da parella Josiño-Raquel. Cada cál distinta, pero a súa vez interesante. O primeiro que quero dicir é que estou moi agradecido a todos, xa que moitísima xente viu a visitarme e os que non viñeron foi porque non puideron, así que sen poñernos melancólicos, moitas grazas a todos, significa moito para min.

Peleteiro e Pajarito disfrutaron gastronómicamente da cidade, acompañada por un tempo horribilus que fixo neses días, fixo que non puideramos percorrer toda a cidade, mágoa que viviran a noite eslovaka dende o punto de vista do Sr. Galego, non por estar con él, senón porque non disfrutei da súa compaña. Foi un pracer terlos aquí, aínda que pajarito necesita un curso acelerado de cervexa.

dscn0280

A parella de ouro, coa cal compartín unha viaxe magnifica por terras serbias e rumanas, puideron disfrutar da forza do Slovan Bratislava en live (encontro de Hockey), ademais de coñecer o museo nacional eslovako, onde apreciaron ás súas obras con clase. Encantado da súa visita, pero os burgueses cataláns teñen que comezar a disfrutar da noite, que estanse convertendo en avós. A idade pasa factura…

dscn0014

Pd: ás críticas constructivas buscan replica para fomentar a entrada do blog.xD.





Jobs Costume Party

13 02 2009

Noite especial a de onte. Foi un deses xoves nos cales disfrazamonós de algo interesante ou chamativo. Cumplimos con éxito a misión, os novos fliparon. Creo que sobran as palabras…

n509533327_1274155_2088

En breves máis fotos…  aquí.





Completo

10 02 2009

Ese é o estado do meu piso, completo, xa que chegaron todos os compañeiros da miña habitación e da veciña. Por lo tanto, na miña habita viven un croata chámado Matt, da cidade de Split, e  Benua, o francés dunha vila o norte de París. Na habita do lado (cos cal compartimos cociña, baño e servicio) son ún de Noruega, chámado Eric, da cidade de Bergen, e outro é de Finlandia (pero non lembro o seu nome nin tampouco onde vive).

En principio, o mellor da miña habita sen dúbida é o croata, son máximas risas con él e parece bastante bo rapaz (aínda que hai que darlle tempo) e confirmoume o sabido por todo o mundo que odian a Davor Suker (Dato para Rodrigo, Europa odia o Real). Os peores son os dous do norte, o filandés e o noruego, son unha panda de… bueno temos que darlle tempo.

Polo demáis descatar que onte fixen un exame da Universidade de Vigo aquí, é dicir, o profesor de Vigo mándache o exame por fax ou por email, e un profesor vixílate para que non copies. Esta xenial porque asi non tes que ir a casa para facer un exame.

Os novos estudantes Erasmus veñen con forza, quitando como sempre os míticos que veñen coa guitarra e a tocan para tocar os collóns (só falta algún con un bongo), moitos deles veñen cargados de enerxía para rachar con todo.

n509533327_1114802_7693





Invasión Francesa

5 02 2009

Señores, comezan a chegar os novos erasmus!!! Druzba comeza a coller cor! É o que todo o mundo desexaba, xa que estabamos fartos de morrer de asco polo corridor.

Pois eso, despois das últimas despedidas (as máis importantes para min) xa comezan a chegar os novos,  entre eles o meu compañeiro de habita, Benua, un francesito que vive preto de París, o cal non podo contar moito xa que só falei un pouco con él, pero non parece mal rapaz (por certo, comencei as miñas clases de Francés…maldito foi o dia…) e na habitación do lado está Eric, un noruego que vive en Bergen, cidade no medio dos fiordos, tampouco teño moito que dicir, tan só que viu de Erasmus a estudar.xDDDD. Pobre novato.

Polo demáis hai representación de moitos paises, entre eles:  tres gregas, un filandés (Tarado, totalmente oposto de Mikko, bebedor de algo de 60º (un inferno), fumador de puros e boxeador profesional…todo un elemento), un checo, un holandés, un lituano, polacos, un portugués, e mil franceses (sobre uns 12)… un dia destos comenzarán a cantar a Marsellesa. Por certo, confirmado, Odian a Zidane (Para Rodrinho).

Polo demáis a cousa segue máis o menos igual, sen moita máis novidade, tan só mencionar que cada vez que soa o ascensor saímos o pasillo para ver o que chega… esperamos un pouco máis de sorte. Aínda é cedo para catalogar a nova remesa de Erasmus, sobre todo porque tan só chegaron uns poucos, pero o nivel de inglés baixou considerablemente, e no que respecta a festa aínda non podo dicir nada pero polo menos pola nosa parte seguimos igual.

PD: os novos están cagados con beber coa mán dereita…xD.





As Despedidas máis tristes

31 01 2009

imgp2792
Kuba M., The Ersin e eu

p1010471
Kuba J. e eu

p1010455
Andreia e eu

n1145895196_1977871_699
Luís e Eu

Máis despedidas: Basia (Polonia), Daniel (Spain), Daniel (Alemaña), Mattias(Alemaña), Eva (Polonia), Elena (Bulgaria), Marine (Francia), JB (Portugal), Agata (Polonia), Raluca (Rumania), Vasco (Portugal), Carolina (Polonia), Ania (Polonia), Mannos (Grecia), Ercan (Turquia), Yelda (Turquia), Paul (Alemaña), Eva (Eslovenia), Ursa (Eslovenia), Giacomo (Italia), Stefano (Italia), Øyvind (Noruega), Mikko (Finlandia), Joao (Portugal), Emanuel (Francia), Bastian (Francia), Kate (Polonia), Tereza (R.Checa), Basak (Turquia), Vitor (Portugal), Marta (Polonia), Dorota (Polonia) …





A vida segue igual…

22 01 2009

Despois de case dez dias da miña volta podo dicir que a vida en Bratislava variou moi pouco.  2009 é un ano de grandes trocos en Bratislava, e sobre todo en Slovakia, xa que entre outras cousas chegou ó Euro, a moeda única, é a segunda vez na miña vida que volvo a vivir a entrada do euro e a desapareción da moeda local, neste caso a coroa eslovaka. Actualmente, xa non se pode pagar en coroas, tan só podes ir trócalas o banco, polo que todo o mundo ten un caos increíbel a hora de darche a volta. Polo que respecta os prezos, o euro fixo subir todos os prezos dos productos básicos, como por exemplo, a cervexa.

01092003160659-0a

Quitando os trocos administrativos, esta Bratislava non é moi diferente a que deixei un mes atrás,  aínda que estivo nevando e facendo bastante frio varios dias atrás,  agora mesmo xa voltamos a normalidade (xa non temos neve nas rúas,mágoa). Polo demáis o meu estilo de vida continúa sendo o mesmo, saíndo de Druzba só para mercar comida ou saír de noite, e pasarse case todo o día estudando.

Por último destacar que acertei coa roupa que trouxén para o inverno, o plumas foi unha grandisima elección e as botas (Gore tex) do meu curmán (Rubén) sálvanme a vida.

euro-mince1





SubClub

16 01 2009

Hoxe falarei con detalle do SubClub, algún de vós o coñecedes ou escoitastedes falar de él como ó Bunker. Para aqueles que non ó saiban trátase dun Bunker moi preto do casco vello de Bratislava, debaixo da montaña que preside o castelo, por eso é un dos iconos da noite eslovaka. Normalmente, case tódolos dias teñen espectáculos increíbels músicais, como concertos ou festas temáticas, e sempre tes que pagar por entrar sobre uns cinco euros.

7722

Onte como podedes imaxinar saímos de noite, é últimamente estas saída nocturnas están sendo máis intensas do habitual, xa que para a maioría da xente son os seus últimos días en Bratislava (o 90% dos erasmus de aquí quédanse só un cuatrimestre) e queren dalo todo e tolear antes de irse, o que fainós acompañalos na súa festa rachada. Por eso, onte fomos o Subclub despois do Dezmar, e por primeira vez comprobei co mito do Subclub era certo.

20080419_dnb_subclub_ba_02_fodi

Agora mesmo penso que menos mal que só quedan 10 dias para que a maioría da xente volte para casa (dame unha pena horríbel, botarémolos de menos) porque non podemos seguir con este ritmo de vida. Onte foi unha gran noite, aínda que non tivo o final desexado nin esperado xa que non collín o bus correcto.

subclub





Fotos da Neve

15 01 2009




Magic Bratislava

14 01 2009

Ladies and Gentleman, Galegontour volta!!!!!!

Despois dunha viaxe horríbel (non comparábel coa de Rodrigo) de máis de 18 horas de viaxe, vía Porto-London-Bratislava, cunha estancia en London de 8 horas, podo afirmar que buscarei máis e mellores combinacións para  voltar para casa, tal inferno non o quero repetir nunca máis. Ademáis unha vez no aeroporto ( - 5º ) tivemos problemas co transporte público polo que se fixo moito máis longo. Polo menos todo estaba nevado, teñiron toda a cidade de branco.

dscn0007

Unha vez en Druzba a cousa cambiou considerablemente, o baixón de toda a viaxe esfumouse dun plumazo e pouco a pouco animeime moito. É  normal, xa que cando chegas polo corridor e miras que todo o mundo alegrase de verte, aínda xente coa que case nunca falas, daiche moita moral. O paso de unhas horas (tendo en conta que onte foi Martes e como sabedes é Casey’s Noite) xa estaba aclimatado, como se nunca estivera fora.

dscn0005

Por último, dicir que este Nadal foi o mellor da miña vida. Todo o mundo arropoume coma nunca, sentinme moi valorado e moi querido e iso é de agradecer. Grazas Rebeca (cada dia doume conta da sorte que teño de contar con ela, e o seu carón todo parece doado), os meus amigos (Todos sodes increíbels, o reencontro foi perfecto, Xacobe e Ferinho grazas por facelo doado), e a miña familia que sempre esta ahí nos momentos difíciles.

dscn0006

PD: Rodrigo, Josiño e Raquel, membros da RAG, síntoo ofenderos.xD.





Entroido de famosos

12 12 2008

Este xoves tocou entroido de famosos. Como podedes imaxinar, cada un de nós disfrazouse dun personaxe mítico do cine, comic, real ou animal. Normalmente, a festa do xoves soe ser normalita, pero a verdade que a de onte foi fantástica, xa que moitísima xente animouse a vertirse polo que estivo moi pero que moi ben.

imgp2809

Os mellores disfraces foron: Andrés como Dark Vader, Cori como Hulk, Cristina como Pamela Anderson, Ersin como Wolverine ou Nacho como Maradona.

imgp2819

No meu caso, eu era Terrorista (Bin Laden), pouco orixinal, copiado básicamente a un rumano cando fun a Timisoara a ver a Rodrigo, a verdade é que non tiña nada máis para vestirme.

imgp2817

A última festa do ano en Bratislava pero resultou un festón.