Vergoña na Casa Celta

11 09 2008

O que está a suceder na Casa Celta é de auténtica vergoña. O artigo publicado onte na páxina web do celta, fai que toleé. Un equipo que permanece na segunda división, por segunda tempada consecutiva, e sen amosar xogo ningún, un presidente incapaz de levar un clube coma éste e que nós quere vender a moto de que ó equipo está mal nos aspectos económicos…blablablabla (e digo eu, quen merca un xoguete roto? ¿é verdade co tema da débeda estaba tan mal o propiciouno él? ¿non mirou ás contas antes de mercalo? MOURIÑO DIMISIÓN), no aspecto deportivo o equipo non levanta cabeza, ás categorías inferiores do celta pasaron de gañar a liga en tódalas categorias a non gañar en ningunha, os siareiros do celta que acuden a Balaídos cada vez son menos, Balaídos derrumbase, a páxina web do celta é a peor de tódolos equipos de primeira,segunda e segunda B, contrata a un adestrador sen falar do ASCENSO (Pepe, adestras o Celta, non ó Coruxo, con tódolos respetos), bota do Celta a iconos do Celtismo coma se foran cans (Gustavo López), e aínda cando chegou ó Celta, Mouriño dixo: “Penso en gañar un titulo”.

Por todo o dito no parrafo anterior, creo que deberiamos facer moitas cosas maís importantes e deixarnos de chorradas coma esta:

texto publicado www.celtavigo.net

APOYO AL AYMTO. DE MóSTOLES: BALóN DE ORO PARA CASILLAS

El Real Club Celta, en respuesta a una petición expresa del alcalde de Móstoles, Esteban Parro del Prado, ha formalizado su apoyo a la promoción de la figura de Iker Casillas, portero de la selección nacional de fútbol, como aspirante al premio Balón de Oro. El club vigués ha decidido apoyar la iniciativa del Ayuntamiento de Móstoles por los valores de humildad, profesionalidad y solidaridad que adornan al guardameta del combinado nacional.

El Real Club Celta ha formalizado su apoyo a Casillas para que reciba su primer Balón de Oto en la página web creada por el Ayuntamiento de Móstoles para recoger firmas que serán trasladadas a la revista France Football, publicación organizadora del prestigioso galardón.

Esteban Parro del Prado, ha invitado al club a plasmar su apoyo en la sección de firmas ilustres de la mencionada página web, donde el Celta ya ha formalizado su respaldo al guardameta mostoleño. El Real Club Celta felicita al Ayuntamiento de Móstoles por la iniciativa, ya que coincide con esta institución en destacar los méritos deportivos del capitán de la Selección Española, así como los valores e humildad, profesionalidad y solidaridad ha demostrado en toda su carrera profesional.





Celta de Vigo 0-1 Girona

31 08 2008

O Celta perdeu ante o Girona pola mínima nun encontro celebrado onte no municipal de Balaídos. O encontro comenzo ben para os intereses célticos, aínda que o que levaba máis perigo cara porteria era o recén ascendido. Pola contra, este Celta de Pepe Murcia parece que si sabe o que xoga (tivemos que esperar 5 anos para ter un novo estilo de xogo), aínda que non conseguiron a victoria poidose ver numerosas melloras, xogadores comprometidos, o ruse-ruse dos siareiros…
Teño que destacar varios xogadores neste primeiro encontro, o mellor sen dúbida foi o canteirán Dani Abalo, xogando de interior dereito desbordou sempre e propiciou unha das mellores xogadas do encontro que case remata en gol. Óscar Díaz, novo fichaxe do Celta, destacou nas súas xogadas pegadas a linea de cal, mágoa que o gol do Girona viñera precedido dun fallo o despexar o balón. Por último, destacar a Trashorras, onte non firmou o seu mellor encontro, pero aínda así podemos ollar a súa calidade co balón nos pés.
Polo tanto, e como siareiro do Celta de Vigo estou contento, claro está non pola derrota, senón porque de seguir por este camiño creo que gañaremos moitos encontros, a xente disfrutará indo a Balaídos, e o final da tempada poderemos disfrutar todos xuntos dun novo éxito do noso equipo. SEMPRE CELTA





Comeza a Liga

30 08 2008

O Celta de Vigo disputará hoxe as 18:30h no municipal de Balaídos o seu primeiro encontro oficial desta tempada contra o recén ascendido Girona. É un encontro moi importante para comprobar o bo momento que parece atrevesar o noso equipo. Aínda que é moi cedo para falar doutras cousas que non sexa gañar este encontro, todos desexamos comenzar ben para ter uns obxetivos máis ambiciosos de cara o final da liga.
Nesta ocasión, e co carné de socio renovado, asistirei en directo a este formidable partido. Dende aquí, tamén quero sumarme a campaña de captación de socios. Xa que por enrriba de tódolos nomes do momento, o Celta sempre será o Celta e eso non o pode troncar ninguén.

Coma sempre o de sempre …HALA CELTA

null