As Despedidas máis tristes

31 01 2009

imgp2792
Kuba M., The Ersin e eu

p1010471
Kuba J. e eu

p1010455
Andreia e eu

n1145895196_1977871_699
Luís e Eu

Máis despedidas: Basia (Polonia), Daniel (Spain), Daniel (Alemaña), Mattias(Alemaña), Eva (Polonia), Elena (Bulgaria), Marine (Francia), JB (Portugal), Agata (Polonia), Raluca (Rumania), Vasco (Portugal), Carolina (Polonia), Ania (Polonia), Mannos (Grecia), Ercan (Turquia), Yelda (Turquia), Paul (Alemaña), Eva (Eslovenia), Ursa (Eslovenia), Giacomo (Italia), Stefano (Italia), Øyvind (Noruega), Mikko (Finlandia), Joao (Portugal), Emanuel (Francia), Bastian (Francia), Kate (Polonia), Tereza (R.Checa), Basak (Turquia), Vitor (Portugal), Marta (Polonia), Dorota (Polonia) …





A nena dos meus ollos

19 01 2009

Tal dia como hoxe fai cinco anos comecei unha relación coa miña moza, Rebeca, da cal os falei algunha que outra vez (imaxino que case todo o mundo a coñece). O 19 de xaneiro do 2004 foi esta data, unha data que para a metade do mundo non significa nada, sen embargo para min significa todo un mundo. Aínda que coma todas as parellas tivemos mellores ou peores momentos, polo que respecta a miña relación foi máis sinxela do esperado, xa que incribelmente coñecín a persoa idónea para compartir os mellores momentos da miña vida o meu carón. Tan só quero dedicarlle este post a ela, Rebeca, e darlle as grazas por estar ahi sempre que a necesito. Quérote.

hpim0662





O guisante cósmico

18 12 2008

Imaxínade a miña sorpresa cando cheguei a casa (domingo 00.30 am) e enriba da miña cama tiña un agasallo, pero non un agasallo calqueira senón desta volta era un C-O-C-H-E. Increibél, meus tolearon de non verme pola casa e decidirón tirarla pola fiestra.

O coche é un Opel Corsa, de segunda mán, a gasolina e de cor verde guisante. A verdade é que non sei máis datos e co flipado que estaba nin sequera preguntei. Tranquilamente pode ser o mellor agasallo que fixéronme na miña vida. Quero darlle ás grazas a miña familia por semellante sorpresa. A volta a casa é mellor que nunca. xD.

168496corsa-10-verde-boa
(non é exactamente este)





Fotos

9 10 2008

Xa teño fotos colgadas ….http://picasaweb.google.es/iMorenoramos





Máis despedidas

19 09 2008

Anteonte foi un dia moi duro para mi. Fixemos unha comida na miña familia para despedirme dos máis cercanos e pola noite fixen outra comida coa outra familia que teño: meus amigos-irmáns. A cena celebrouse no xa mítico “Nova Amizade” donde degustamos a súa mellor receta: bocadillo de xamón asado acompañado coa estrela galiza de tódala vida. A cena acudirón Flow, Brais, Martín, Rebe, Dani, Feli, Blanca e Kora. (grazas por vir)
Unha vez rematada a cena, tocou a hora de marchar para casa, de facer la maleta e de recordar todo o que deixo na terra. Despedirme dos meus amigos-irmáns foi moi dificil, Flow, Brais, Martin…aínda que na despedida non o tiña asumido.
Pero o peor de todo foi cando na hora das despedidas tocoulle a Rebe, nese intre dinme conta do que verdaderamente estaba a acontecer, xa non iba a mirala ata o nadal. Foi moi duro darse conta de eso, xa que cando pides o Erasmus é en febreiro, tes o destino en abril, fas o papeleo en maio….pero parece que nunca vai chegar o momento de irte…pero ese momento chega, e aínda que pasou 8 meses dende que decidiches irte de erasmus non o sintes ata o dia antes.
En mi caso, foi un baño de lágrimas, chamadas telefónicas, mensaxes… e preguntándote: ¿Merecerá a pena? ¿Teño máis que gañar que perder? ¿Cando volva todo será igual?
A verdade espero que si, de que a miña marcha non cambie nada con respecto os meus irmáns-amigos, a miña familia, e sobre todo a esa moza chamada Rebeca.
Os quero a todos. Como dixome Rodrigao: Eres un tarao…Bobalicon (en castelán por suposto)
PD: Acabo de perder toda a miña varonilidad
PD2: kit-kat…¿estou tolo o que? senón hai mellor co que teño na casa





Os primerios en marchar

16 09 2008

Hoxe, ás 8:00 am, os meus amigos Josiño, Raquel, Eski e Ara, comezan a súa nova vida nunha nova cidade: Barcelona. Aínda que Eskio xa é un veterano nesta cidade (xa viviu nela este ano) a verdade é que este ano en Barcelona non se asemella en nada ó anterior. Espero que pasades un bó ano e disfrutes o máximo posibél.
Onte a despedida foi un pouco dura, menos mal que o Señor Flow levounos a tomar o tan desexado tiki-cola (tedes que ver a botella é espectacular) e grazas a esto, estivemos un pouco máis animados. Comeza unha nova etapa, na que esperamos que nada cambie nun ano e que no verán que vén podamos volver a facer polo menos o mesmo ca este. Un bico. Querovós





Rodrigo: Vemonos nos bares

6 09 2008

Hoxe, sábado 6 de setembro do 2008, celebraremos a nosa última cea como homenaxe a Rodrigo (rodrigao, robinho…), un dos meus mellores amigos, polo motivo da súa viaxe inminente a “LA Coruña” debido os seus examenes de patíns, salto á comba, monociclo….e polo tanto será a última vez que o mire antes de partir cara Bratislava. Ademáis él tamén vaise de Erasmus a Timisoara (Rumanía).
Aínda que normalmente é odioso cos seus pensamentos (é mandrilista, gústalle Rafael Nadal…) é querido por todos nós e sobre todo por mi. Será inevitabél botarte de menos


Rodrigo botándose cremita na praia de Nice

Bratislava-Timisoara= 600 km aprox. Espero facer pronto ese camiño.
Rodrigo Vemonos nos Bares





Benvidos ó blog de galegontour

30 08 2008

Este blog vai destinado a tódol@s galeg@s que boten de menos a súa terra, e que grazas a este novo espazo, podan coñecer ou actualizarse das novas que acontecen no noso pais. Xa que, neste ano estarei no exilio (Bratislava) e con esta páxina espero contar todalas vivencias erasmus e darlle un novo punto de vista a tódalas novas de caráter xeral. É un blog de carácter variado, falaremos do deportes, política, sucesos, viaxes, sociedade….pero sempre desde una perpectiva dun galego no exilio. Un saúdo a todos