Viaxe a Polonia

3 05 2009

Fai un par de semanas, uns cantos valentes decidimos visitar os nosos irmáns do norte, os polacos, e as súas respectivas cidades: Wroclaw e Poznan. Máis que unha visita cultural foi unha viaxe de festa, a cal nin moito menos faltou en ningun momento. Os kubas (grande e pequeno) foron os perfectos anfitrións, polo que so teño palabras de agradecemento por todo o que fixeron por nós, aloxamento e comida e de agradecer pero cando invitanche ás bebidas e para casar con eles e ficar alí.
dscn0204
Foron cinco dias perfectos, no que poidemos destacar que os polacos non saben facer unha boa churrascada, non teñen nin puta idea. Dakujeme Kuba(s)!
dscn0304

PD: ás cidades están moi ben, non me esperaba encontrarme con algo asi.

dscn0215

dscn0214

http://picasaweb.google.es/iMorenoramos/ViaxeAPolonia





A familia on tour

24 04 2009

Aproveitando as vacacións de semana santa a miña familia fíxome unha visita por terras eslovakas. Dende o sábado dia 4 de Abril ata o dia 10 do mesmo mes, estivemos coñecendo ás míticas cidades dos arredores de Bratislava, Viena e Budapest.

dscn01563
Unha boa tempada para pasar coa familia (meus pais, tíos e miña curmán) e encargarse de que volvese o “mundo real” (aquel que existe fóra do Erasmus), e pensar que facer do meu futuro, algo que dende aquí mirase moi lonxe.

Espero que eles disfrutaran o mesmo que eu, e que teñan un punto de vista mellor da miña Bratislava querida.
PD: que gusto da viaxar coa familia, entras a museos e restaurantes que sen eles os mirarías dende lonxe.





Belgrado e Rumania

18 04 2009


Aproveitando a visita de Josiño e Raquel, fixemos un mini tour por terras serbias e Rumanas. Belgrado, a capital de Serbia, foi o noso primeiro destino, a priori as expectativas postas nesta cidade eran moi altas, polo que como podedes imaxinar non cumpríronse. A miña veciña Maja, nada en Belgrado, dixéranos que era unha cidade encantadora, moi bonita e cunha festa terríbel. A hora da verdade, foi unha das peores cidades que visitei na miña vida, a típica cidade comunista sen nada que visitar ou sen nada que facer…. ¿a festa? tan só estivemos unha noite e puidemos apreciar que a xente gústalle bastante a festa, pero non foi unha cousa doutro mundo.

dscn0039

dscn0035

Despois de Belgrado aparecemos en Timisoara (a terra natal do noso amigo Rodrigo), o cal tiña un problema nun ollo e non puido estar connosco na saída nocturna, aínda así foi un perfecto anfitrión. Unha noite alí, chega para saber o que o Heaven pode ofrecerte.

dscn0048

dscn00601Desde Timisoara fomos directos a Transilvania, a mellor rexión do mundo despois de Galiza, cun paraíso natural indescritible, grandes montañas e praderas…. precioso. Encantoume, so teño palabras de admiración cara esa rexión, impresionante, e iso que o castelo de Drácula foi un auténtico fracaso. A nosa visita por Transilvania foi polas seguintes cidades: Brasov, Rasov e Sighisoara.


dscn0102

dscn0153
Por último agradecer a Enrique (o meu compañeiro de viaxe durante toda a semana) por todo, un encanto de neno. ajjaja. Unha viaxe increíbel, coa mellor compaña posibel.





Miss Rebeca Santos II

8 03 2009

O mesmo titulo para o mesmo final. A visita de Rebeca a terras eslovakas foi moi similar a anterior, xa queda lonxe o mes de novembro, aínda que nesta ocasión poidemos disfrutar máis o un do outro. Pero sempre é o mesmo, chega, estamos xuntos e xusto cando mellor estas, nese intre… tense que ir. Inxustiza?¿ Non, así é a vida.
Unha semana non foi suficiente (nunca ó é), pero chegou para  poder viaxar a Praga, Dresden e Viena. Dous dias en cada cidade, e cada dia mellor co anterior. Disfrutar das cousas cando tes a mellor compañeira de viaxe o teu carón sempre é moi doado, e aínda máis se admiras e queres a esa persoa.

dscn0427
Unha viaxe inesquecible, a primeira xuntos para nós, e con todo o meu corazón espero que non sexa a última. A primeira de moitas… a viaxe máis especial da miña vida.

dscn0310
Sempre escribo en referencia o último viaxe  realizado como o mellor da miña vida, son todos distintos e diferentes, cidades máis bonitas ou máis peculiares, pero moitas veces o que fai que todo sexa tan especial é a persoa que comparte o teu viaxe contigo, agora xa sei quen é esa persoa, a persoa que todo o que toca… convértese en ouro. Unha cidade coma Viena, a cal fun unhas oito veces, nunca a mirara como cando estiven contigo. Eso non ten prezo.

dscn0331
Grazas por compartir a túa vida conmigo, grazas por facer este viaxe conmigo, grazas por todo.

dscn0495





iSTANBUL

22 02 2009

Istanbul é  a miña cidade favorita.  Ersin, o meu irmán turco, o perfecto guía. Ese pode ser o resumo da miña viaxe.


Chegamos a Istanbul o martes ás 4 da maña, pero non fixemos nada a parte de chegar o hostel via taxi.
O noso hostel chamábase Istambul World House, un pequeno hostel na zona de Beyoglu, preto da torre Galata, no cal disfrutabas dunhas grandiosas vistas cara o corno de ouro da cidade e o Bósforo. Pode soar raro que colleramos o hostel nesa zona, pero a razón da nosa elección foi que está é un barrio de xente xovén no que podes encontrar un pub ou un sitio para tomar algo con moita facilidade.

n739404642_1356125_4694

A nosa visita a cidade comezou o martes sobre ás 11 da maña cando o noso amigo Ersin apareceu no noso hostel, e despois dos respectivos saúdos, saímos cara ó centro da cidade en busca de acción (o primeiro dia sempre é mítico de museos). Unha vez cruzado o ponte Galata, onde podes observar a xente pescando 24 horas o dia, collimos un barco para facer a nosa visita o Bósforo o cal custounos uns 5 euros a cada un, nese intre é cando dímonos conta que estar cun nativo da cidade era  perfecto, xa que o barco compartiámolo cuns turistas alemáns que pagaron 25 euros por cabeza. Unha vez rematado tocou o turno de visitar Basilica Cistern, Aya Sofia, a mezquita azul… é difícil describir todo esto, tedes que vivilo. Cabe destacar que o martes a noite descubrín o Salep, unha especia de café-leite que é incríbel, unha delicia.
É difícil explicar con claridade todo o que vivín en 5 días, asi que simplemente falarei do máis importante, por exemplo, os lugares de interés que visitaron foron Topkapi Palace, museo miniturkey, baños turcos, gran bazar… no gastronómico creo que probei unha gran variedade de comidas, coma por exemplo, a hamburguesa húmida, kebad, Lahmacun, kebad de peixe… a súa bebida, coma por exemplo, Raça.

n739404642_1356139_5441

Foi unha viaxe tremenda, disfrutando de cada segundo que estivemos alí, ademáis disfrutamos unha vez máis de cada minuto con Ersin, do cal so teño palabras de agradecemento cara él, portouse como un perfecto afitrión organizando cada minuto do viaxe e facendo esforzos moi grandes para poder estar con nós. Thank you, Ersin. Tamén teño que dar grazas a Ercan, que estivo o último dia connosco, e portouse extraordinariamente tamén.
O detalle do viaxe foi que o venres (o dia máis importante da semana para os islámicos) fun con Ercan a unha cerimonia islámica nunha Mezquita, o cal foi a experencia máis educativa que tiven na miña vida.

n739404642_1356124_3534Máis fotos prima aquí.





Nitra

15 02 2009

Onte fomos a Nitra, que é a cuarta cidade máis grande de Eslovaquia occidental, a pasar o dia. Nitra, xunto a Bratislava, son as cidades máis antigas de Eslovaquia, prácticamente encóntrase a unha hora en autobus de aquí, polo que é bastante doado ir e voltar no mesmo dia (cousa que fixemos).
Esta vez, é por primeira vez nós meus viaxes, fun con case todo o mundo extranxeiro. Fomos uns 7, catro de Francia (Musa, Benoit, Amelie e Lionel), unha turca, Bilguesu, unha de castela comunera, Reyes e eu.
A verdade é que o pobo é o máis normalito do mundo, co típico encanto de calqueira vila pero normalito de todo. Destacar que o frio foi predominante en toda a viaxe, polo que fixo que non poideramos disfrutar tanto da nosa estancia. Aínda que deixou detalles moi interesantes (xa o veredes nas fotos), podemos destacar que Nitra é un pobo dedicado os tuberculosos.

dscn0184





Luns 26

31 01 2009

A previsión meterolóxica de hoxe era de neve, polo tanto a néboa despareceu por completo, grazas a isto poidemos ver toda a cidade sen ningún problema. Comezamos a nosa visita polo concello, un edificio moi bonito na beira do mar, dende él podese observar a illa dos cabaleiros e a illa do casco vello, é unha das mellores vistas de Estocolmo.
Despois fomos a estas dúas illas, onde encontrase o verdadero miollo ou corazón da cidade. O parlamento, igrexas, catedral, casa señoriais, palacio Royal (onde viven os reis), teatro, ópera…son cousas que podes atopar nestas illas. Asi como onde celebrase todolós anos a ceremonia do premio Nobel. En liñas xerais a cidade é preciosa, ademáis toda a cidade esta adoquinada (imaxino que para que a xente non resbale co xeo, ou que sexa máis rápido que se disolva), rodeada de auga, con vistas preciosas… en definitiva quedoume un sabor incíbel na boca.

dscn0155

O dia seguinte tan só dimos un curto paseo xa que o noso bus cara o aeroporto saíu bastante cedo. Aínda que tivemos tempo para observar a cidade nevada.

p1250007

Xa tedes todalás fotos do viaxe disponíbel en http://picasaweb.google.es/iMorenoramos





Domingo 25

29 01 2009

Erguímonos bastante cedo, sobre ás 10 xa estabamos listos, e o primeiro que tiñamos que facer era ir ó outro albergue onde pasariamos as seguintes dúas noites. Unha vez chegado o outro albergue (Hostel Central Station) e rexistrado, comezamos a visistar a cidade.
Despois de pasear un pouco polo centro da cidade sen rumbo… e sen ter moita idea do que estabamos a observar (xa que habia moita néboa, a máis de 25 metros non mirabas nadiña), decidimos ir o Vasamuseum, xa que só podiamos ir hoxe  (os luns os museos pechan) e así agardar a que despésaxe un pouco. O Vasamuseum é un museo marítimo decicado a un galeón, o Vasa, rescatado intacto do fondo do mar. A entrada custa uns 5 euros, pero a verdade é que merece a pena, é impresioante o galeón (xa ó miraredes nas fotos).

dscn0041

Despois de saír do museo fomos a pasear polo centro da cidade, xa un pouco máis despexado, e atapamos un” bar” para cear onde facían comida tradicional sueca. O prezo da cea foi demasiado elevado, uns 15 euros por persoa, pero o prato estaba bó e a cervexa non estaba nada mal.

dscn0065

Despois de cear fomos o Icebar, un bar no que todo o que atopas nel é de xeo, cadeiras, mesas, o vaso…todo de xeo. O Icebar atópase dentro dun hotel, Nordic Sea Hotel, é o seu prezo vai dende 14 euros unha bebida sen ou 20 euros con alcohol. A experiencia mereceu a pena, é impresioante, aínda que eu esperábame moito máis. A saída do Icebar fomos directo o albergue a descansar.

dscn00731





Sábado 24

28 01 2009

Sen dúbida, Sverige é  diferente, un pais do norte de Europa, cunha cultura e un nivel de vida superior a case todolós paises do mundo,  que fai que a xente sexa moi sociabel e aberta. Como todos sabeis, eu son un namorado de Sverige, aínda que o meu punto de vista non sexa del todo neutral (Sweden é neutral en todolós aspectos), penso que Estocolmo (a capital do pais) encantaríalle a todos.

dscn0116

A miña aventura por terras suecas comezou o sábado 24 de Xaneiro cando collimos un avión directo dende Bratislava a Estocolmo, magoa que o voo saíra ás 20h, xa que chegamos ás 22h (2h de viaxe), e aínda nos quedaba baixar do aeroporto,que neste caso non se atopaba moi preto, a uns 80 minutos en bus, polo que ese dia non o disfrutamos.
O prezo do bus foi de 249 sek (coroas suecas), polo que costounós máis o bus que viaxar en avión.

Unha vez no centro, intentamos procurar o albergue, e despois de dar varias voltas un pouco perdidos por fin ó atopamos. Unha cousa que te chama a atención en Estocolmo é que a maioria das casas non usan chave, todas teñen un código para abrir a porta, algo que nós descoñeciamos, polo que o chegar o albergue necesitabamos dito código para acceder, xa que a recepción non era de 24h, e o turno de traballo remataba as 18h.
Despois de certos problemas a hora de encontrar todolós códigos e todo iso, acompañamos os que tiñan que durmir noutro albergue (xa que non habia sitio para todos no mesmo).

Unha cousa que teño que destacar é que o sábado habia unha gran festa pola rúa (esta pobo sabe divertirse), moitisima xente en todolós pub ou discos, de feito en todo local aberto tiña unha fila de persoas na porta do seu “garito”. Para acceder a estes recintos tiñas que ter un mínimo de 23 anos de idade…
Cando por fin atopamos o segundo hostel xa eran as 3 am, polo que nos fomos a deitar.





GALIZA TERRA QUERIDA

12 12 2008

Este é meu último post dende Bratislava (é pode ser o último do ano…aínda non sei se escribirei dende Vigo), o tempo pasa voando, pero hoxe xa é 12 de decembro polo que maña toca voltar a casa.

Despois de tres meses en Bratislava, podo asegurar que é o mellor destino erasmus do mundo, estou supercontento, non so coa cidade senón coa xente de aquí. Menos mal que funme de erasmus, pode ser a experiencia máis importante da miña vida… polo que podedes ler para nada arrepíntome de vir a “estudar” aquí.

Pois nada a partires de maña sobre as 12 da noite (perfecto para saír) xa estarei por Vigo, teño unhas gañas enormes de estar co Imperio (H)Ostril nas ostras, da moza, do cocido, das mozas galegas, de falar a nosa lingua, ver o Celta… vivir na Galiza que bonito é, andar de parranda e durmir de pé…

Imos a montar unha gorda maña, ademáis celebraremos a derrota do Mandril, e incluso pódese chamar a Rodrigo para humillarlo. Pois eso maña xa os verei a todos os que ficades en Vigo, os cataláns para dentro dunha semana. Mendufest enteiro para dentro dunha semana…

mapa_galiza