Graduación e Cea 2009

23 03 2009

O vindeiro 8 de Maio celébrase o acto de graduación da facultade de Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, despois do acto, a cea de rigor. Aínda que non remato os estudos este ano (lamentábelmente), si que vou estar presente no acto, xa que é un dia para poder disfrutar cos amigos da facultade e que posiblemente lembres o resto da túa vida.
Polo tanto o dia 6 de Maio collerei un avión (máis ben 3 avións, Bratislava-Milan-Girona-Oporto) e volteria a Bratislava o martes dia 12 de Maio. Casi unha semana para poder disfrutar de todo o mundo.

g_vigoenfotos_3888c





Volta a vida real

18 12 2008

Como xa sabedes o domingo de madrugada retornei a vida real. Despois da sorpresa dos meus pais co coche, Rebeca e máis eu fomos as ostras para saír pola noite e saúdar a todos. O meu recibimento nas ostras non pudo ser mellor, os señores Flow, Brais, Martín e Nolfo esperábanme coas máns abertas. Despois de degustar os cubatas con xeo (a mellor tradición do mundo), fomos o Mondo, un garito infernal preto da rúa don Bosco, no que atopas malotes e nenos de 18 anos por todas partes, ademáis do factor cubatas 6 euros e música infernal. O mellor de todo foi ver coma os meus amigos trocaron cara mellor, por suposto cada ún coas súas toleadas, Brais=DEUS  da noite atopábase fora de si, Martin conas pérdido só facía festexar o triunfo do Barça con todo aquel que levara a camisola, Nolfo máis sociabél ca nunca, ata vai saír en fin de ano e por último Flow, o cal triunfou cunha moza en estado lamentabél, pero aínda así é o selteiro de ouro. Por último desa noite destacar o DJ CHE no Lolita, onde mandoulle ata o que non está escrito. Gran noite a do sábado.

O domingo cando despertei tocaba almorzo familiar co COCIDO como prato estrela, para nada defraudou.

O martes exame de RRHH no cuvi, onde comprobei que ser Erasmus en Vigo non sirve para nada, lamentabél o meu exame. Cando rematei o exame fun a Compostela, paseia noite alí e voltei o mércores xa que tiñan que sacarme unhas moas. Agora mesmo un día despois da operación estou feito unha merda.