Ese é o estado do meu piso, completo, xa que chegaron todos os compañeiros da miña habitación e da veciña. Por lo tanto, na miña habita viven un croata chámado Matt, da cidade de Split, e Benua, o francés dunha vila o norte de París. Na habita do lado (cos cal compartimos cociña, baño e servicio) son ún de Noruega, chámado Eric, da cidade de Bergen, e outro é de Finlandia (pero non lembro o seu nome nin tampouco onde vive).
En principio, o mellor da miña habita sen dúbida é o croata, son máximas risas con él e parece bastante bo rapaz (aínda que hai que darlle tempo) e confirmoume o sabido por todo o mundo que odian a Davor Suker (Dato para Rodrigo, Europa odia o Real). Os peores son os dous do norte, o filandés e o noruego, son unha panda de… bueno temos que darlle tempo.
Polo demáis descatar que onte fixen un exame da Universidade de Vigo aquí, é dicir, o profesor de Vigo mándache o exame por fax ou por email, e un profesor vixílate para que non copies. Esta xenial porque asi non tes que ir a casa para facer un exame.
Os novos estudantes Erasmus veñen con forza, quitando como sempre os míticos que veñen coa guitarra e a tocan para tocar os collóns (só falta algún con un bongo), moitos deles veñen cargados de enerxía para rachar con todo.



















